O avogado Víctor Salgado instruirá sobre as precaucións a tomar para evitar litixiosO vindeiro día 22 de 17:00 a 20:00 horas a Cámara de Comercio da Coruña organiza un seminario titulado Estratexia Dixital para Empresas: Como Conseguir Clientes e Evitar Litixios na Internet, impartido polo experto en estratexia dixital Francesc Pumarola Campeny e o avogado Víctor Salgado Seguín, que busca formar dun xeito práctico a empresarios en xeitos de dar a coñecer o seu negocio a potenciais clientes a través da Rede á vez que coñezan aspectos chave para evitar riscos xurídicos innecesarios. Esta xornada ten un custo de 25 euros, agás para os socios da Cámara coruñesa, que poderán participar de balde. A actividade desenvolverase seguindo o seguinte programa: A estratexia dixital para empresas será o tema a tratar por Francesc Pumarola neste seminario
17:00 – 18:30: Estratexia dixital na Internet:
Chaves para a correcta xestión dunha web de empresa
Como aparecer en Google
Para que son útiles as redes sociais
Publicidade dixital
Reputación en liña e xestión de crise
18:30-18:45: Pausa.
18:45 – 20:00: Como cumprir a lei e protexer o meu negocio en Internet
Obrigas legais que debo cumprir se teño unha Web?
Protección de datos e políticas de privacidade.
Normativa de publicidade e mercadotecnia en liña.
Como protexo a miña marca na Rede?
Como me protexo nas Redes Sociais? Imaxe, honra e reputación dixital