A grande esperanza da canadense RIM é o seu futuro sistema operativo móbil BlackBerry 10, que veu adiado o seu lanzamento a 2013, para desesperación dos que confiaban nunha pronta recuperación da compañía, e que finalmente ten unha data de presentación oficial: o vindeiro 30 de xaneiro RIM organiza un evento que terá lugar simultaneamente en distintos lugares do mundo para estrear a nova plataforma e presentar os 2 primeiros móbiles que funcionar con BlackBerry 10.
Ao parecer, os móbiles que chegarían da man de RIM serían un terminal con pantalla táctil e outro con teclado QWERTY, atendendo así aos distintos tipos de usuarios aos que queren satisfacer. No tocante a aplicacións, tamén parece que a nova plataforma vai ter un bo catálogo de aplicacións de todo tipo, pois dende RIM están a organizar numerosos encontros con desenvolvedores por todo o mundo para fomentar a creación de aplicacións para BlackBerry 10, aínda que haberá que agardar bastantes meses para saber se a nova plataforma calla nun mercado dominado por Apple e Google, e no que Microsoft está a reivindicar unha terceira posición que quere recuperar RIM.
RIM estreará BlackBerry 10 o 30 de xaneiro de 2013
Compartir Este Artigo
