
A compañía galega afiánzase desta maneira como a que máis medra na nosa terra en cuestións de telefonía móbil. Polo que se refire ao papel que está a xogar a nivel español, R é a sexta operadora que máis clientes está a acadar, información que, segundo fontes da firma galega, aínda amosa máis relevancia se temos en conta que a totalidade do mercado de R está centrado na súa Comunidade.

liñas portaron o seu número dende outras compañías ao operador galego. “Nun só mes”, informa a compañía, “R fíxose con 11.124 portabilidades, datos que contrastan coa coa tónica rexistrada no mercado estatal da telefonía móbil no que, segundo datos da CMT, a Comisión do Mercado das Telecomunicacións, este sector perdeu en total en setembro 242.241 liñas, tal e como se pode ver nas redes”.
Para a empresa galega, as boas cifras logradas ao longo deste ano teñen unha serie de razóns ben concretas. Ou sexa, son perfectamente localizables. Para comezar, cómpre remitirnos á mellora do prezo definitivo das súas ofertas combinadas de fixo e móbil, con descontos de ata 15 euros ao mes para sempre. Tamén se achegan rebaixas de ata a metade do seu custe nas tarifas de móbiles de R, aplicadas logo do verán de maneira automática nos seus clientes.

“Nunha contorna xeral de crise”, explica R acerca das devanditas cifras e métodos de traballo, “toma máis valor aínda este obxectivo de dotar ás empresas e ás persoas que viven en Galicia dos mellores avances e servizos de telecomunicacións”. O investimento de R na súa Comunidade vai alén, xa, dos 880 millóns de euros no despregamento dunha nova rede de fibra óptica que está a disposición de 870.000 fogares e empresas galegas en máis de 80 concellos galegos.
R supera as 200.000 liñas de móbil na nosa terra
Compartir Este Artigo
