A case 2 anos de
que se anunciase que Google
dixitalizaría os fondos da Universidade Complutense de Madrid para o
seu servizo Google Books,
parece que o buscador comezou
o proceso, o que permitirá que dende incunables da literatura ata
obras recentes poidan estar dispoñibles a través da Internet.
O servizo (que xa conta con máis de 1 millón de tomos en 40 linguas distintas)
tamén incluirá textos da biblioteca da Universidade de Cataluña.
Google Books achégase aos fondos bibliográficos da Complutense
Compartir Este Artigo
