Tras os rumores que
aparecían en abril sobre o mal momento económico de OQO Inc., unha das
compañías máis innovadoras na creación de ordenador ultraportátiles de grande
potencia, confírmase o peor, e non só non entregan novos equipos para a súa distribución,
senón que agora descúlpanse ante os seus clientes porque a súa precaria
situación económica impídelles
dar soporte técnico e reparar equipos avariados. Son os últimos folgos
dunha compañía incapaz de facer fronte aos ultraportátiles de baixo custo.
OQO Inc. deixa de contar con servizo técnico
Compartir Este Artigo
