Hoxe remata
o prazo para inscribirse nos obradoiros gratuítos programados para a
segunda quincena no mes no telecentro
de Arzúa. A primeira actividade vai dirixida ao sector máis mozo da
poboación con xogos educativos de Internet, e aos maiores de 18 anos
instruiráselles na busca de información na Rede. A maiores, o día 22 tamén terá
lugar unha xornada para achegar aos maiores de 10 anos aos recursos culturais e
de lecer aos que pode accederse a través da Internet.
Obradoiros sobre os usos da Internet en Arzúa
Compartir Este Artigo
