En apoio á
demanda veciñal dunha mellora de acceso á Internet en todas as parroquias do
Concello de Oroso, o edil de Medio Rural, Xaime Carneiro, asegurou que están
dispostos a implantar pola súa conta tecnoloxía WiMAX ou semellante,
en vista de que Telefónica non dá solución as peticións realizadas polas
asociacións veciñais para que instalen un novo punto de acceso.
Oroso podería optar polo WiMAX para mellorar o acceso á Rede
Compartir Este Artigo
