
Lembrar que Pere Tobaruela é un escritor catalán que decidiu apostar por escribir en galego, amais de na súa lingua nai. Ademais, amosa dende hai tempo un firme compromiso por expresarse e achegar a súa obra a través dos medios dixitais, tal e como demostrou a publicación de Antela e o vento, no selo en liña MeuBook, con feitura de libro electrónico.
A súa novela-blog, Sempre perden os mesmos, acolle tematicamente a unha serie de personaxes (un xastre centenario, o director dun xornal comarcal, un matrimonio alxeriano, un correspondente de guerra, un filósofo de prestixio e un profesor universitario africano, entre outros) acubillados, á súa vez, na memoria de Sara Martí, protagonista da novela, quen dá forma a unha lembranza colectiva salferida de todo tipo de acontecementos amargos: o exterminio nazi, unha violación, a guerra dos Balcáns, o asasinato dun ser querido, as represalias do réxime ditatorial instaurado na Guinea Ecuatorial despois da súa independencia, a historia dun desamor…
O catalán Pere Tobaruela abre este venres o seu blog-novela en galego Sempre perden os mesmos
Compartir Este Artigo
