
E todo isto, sinala a Casa de Tolos, “respectando en todo intre o sentido da música en vivo no referente ao hábitat propio do músico –non nun plató- pero tamén no que lle compete ao son e ao escenario”.
Como dixemos, os clientes de televisión de R poderán acceder a esa selección de concertos de Casa de Tolos a través do servizo de subscricións da compañía, de balde para todas e todos neste período de lanzamento. A televisión dixital interactiva do operador galego permitiralle ao usuario acceder á listaxe de contidos á que se subscribe e, desta volta, visualizar os concertos en vivo de Tolemias “tantas veces coma queira, no momento en que desexe, pudendo facer pausas ou rebobinar ao seu gusto (coma se dun DVD se tratase)”, informaron na mañá deste venres en Culturgal.
No que se refire ao contido da canle propiamente dito, dicir que nos vai pór ao alcance da man as mellores actuacións que a Casa de Tolos estivo a rexistrar recentemente en terras galegas e do norte de Portugal. A idea é seguir alimentando a escolma cada pouco dándolle forma “a unha canle de subscrición variada, ampla e para todos os públicos na que se integren diferentes estilos musicais”.
Arestora a escolma inclúe dende concertos multitudinarios ata actuacións en teatros, auditorios ou pequenos pubs, sobre todo de músicos galegos pero tamén de bandas estranxeiras que viñeron actuar á nosa comunidade. A achega compleméntase coa serie ENREDE (Rede galega de Música ao Vivo) e con oito novos concertos cada mes. Cada actuación, sinala R, ten a súa personalidade de seo, pero todas elas contan cos seguintes ingredientes comúns: ritmo visual, respecto interpretativo, imaxe musical e son impecable.
A nova canle de R de música en vivo preséntase cunha achega inicial de 32 concertos
Compartir Este Artigo
