Pouco durou o experimento de News Corporation para tablets, e o xornal dixital exclusivo para iOS e e Android, The Daily, nacido en febreiro de 2011 tras un investimento de 30 millóns de dólares en desenvolvemento, anuncia hoxe que o vindeiro 15 de decembro cesará a súa publicación. Os subscritores recibirán o reembolso da parte proporcional das súas cotas de subscrición tras a publicación do derradeiro número dun xornal dixital que pretendía trunfan mesturando o formato dos medios impresos co potencial da Internet, pero sen poder xuntar a cantidade suficiente de público (incluso durante o seu período inicial de balde) para poder soster os seus elevados gastos correntes.
O propio Rupert Murdoch comentou que “dende o seu lanzamento, The Daily foi un valente experimento de edición dixital e un incrible vehículo para a innovación. Desgrazadamente a nosa experiencia foi que non puidemos chegar a unha audiencia o suficientemente ampla á velocidade suficiente para convencernos de que o seu modelo de negocio é sustentable a longo prazo”.
Este peche chega nun momento no que News Corporation está a vivir unha grande reestruturación na que separan o negocio das publicacións do especializado en contidos de lecer, pasando este último a responder ao nome de Fox Group.
O diario para tablets de News Corporation pechará o 15 de decembro
Compartir Este Artigo
