
As reunións de Betabeers teñen por obxectivo relacionar a persoas técnicas con espírito emprendedor, programadores, deseñadores, investidores e asesores a través de coworking e amosar as últimas tecnoloxías ou innovacións no desenvolvemento a través de obradoiros curtos. Búscase con elas, sobre todo, cubrir catro áreas principais de interese: encontro de desenvolvedores web e apps, charlas de desenvolvemento, presentacións de startups e networking. As reunións son de balde, xeralmente en horario de tarde e dando acubillo a arredor de 35 persoas. “Nelas lévase a cabo a presentación de proxectos para demostrar que non só en Silicon Valley se poden xerar negocios interesantes”, informa o equipo galego de Betabeers.
Os servizos web e as aplicacións móbiles centran a nova xeira Betabeers, no CNTG de Santiago
Compartir Este Artigo
