Até a semana pasada as pequenas empresas que querían facer uso da tecnoloxía de Google para o seu servizo de correo electrónico podían empregar o servizo Apps for Business de balde para un máximo de 10 usuarios, pero agora esta opción gratuíta deixa de estar dispoñible para novos usuarios, polo que hai usuarios que están a buscar alternativas solventes entre as que podemos destacar Outlook, o servizo de correo web de Microsoft chamado a herdar a Hotmail.
Dende Outlook existe a posibilidade de empregar dominios personalizados de xeito que configurando debidamente os rexistros DNS dun dominio propio para que o correo recaia nos servidores de Microsoft é posible gozar desta emerxente plataforma de e-mail para o que podemos seguir os pasos que detallan en labnol.org.
Entre as vantaxe de empregar este servizo de Outlook de balde está o feito de que o seu límite de usuarios non está posto en 10 senón en 500, o que supera as necesidades de calquera PEME. Lembremos que dende Outlook tamén é posible importar as mensaxes existentes noutros servidores de correo, de xeito que a migración a esta plataforma pode resultar moi práctica, xa que poderanse centralizar as mensaxes de distintas contas de correo baixo unha única plataforma.
Outlook.com permite contas de correo electrónico con dominios de Internet personalizados
Compartir Este Artigo
