
Os usuarios de pantallas Retina tamén agradecerán as melloras no panel de control de WordPress, que agora aproveita a resolución adicional de pantalla para amosar unhas iconas mellor definidas.
Outras novidades a destacar poden ser que as novas instalacións carecerán de xeito predeterminado do xestor de ligazóns, pois entenden que este tipo de elemento carece de sentido na web actual; unha nova páxina de benvida no menú de administración; unha nova tipografía Open Sans; mellor soporte de elementos incrustables (para facilitar a publicación de contidos de servizos como SlideShare.net e Instagram.com); e incluso a actualización das API TinyMCE, jQuery, jQuery UI, jCrop e SimplePie.
Vídeo de presentación da nova versión de WordPress

