O móbiles Nokia Lumia 920 e 820 están a recibir nas últimas horas unha actualización (cando menos nos EE.UU. e Canadá) que hai poucos días recibiu o HTC Windows Phone 8X, e que engade novas prestacións e corrixe certos detalles destes terminais para sorte para os seus posuidores, e que no caso do Nokia Lumia 920 agradécese especialmente, pois corrixe o sistema de enfoque da súa cámara para conseguir unhas imaxes moito máis nítidas (demostrando que estamos ante a mellor cámara integrada nun móbil). Os móbiles Lumia tamén contan cunha xestión do Bluetooth máis fiable e eficiente, mellora a secuencia de inicio dos terminais e incluso xestiona mellor a súa batería para incrementar a autonomía dos móbiles.
A actualización 8.0.10211.204 de Windows Phone 8 engade melloras na experiencia de uso da mensaxería (permitindo gardar borradores para enviar máis tarde ou editar mensaxes recibidas para poder modificalas e remitirllas a outro usuario), engade a opción de programar o envío de mensaxes de texto como resposta a chamadas (para avisar, por exemplo, que non se pode responder nun momento determinado por estar nunha xuntanza ou ao volante), mellora o navegador web Internet Explorer permitindo configurar cousas como desactivar a carga automática de imaxes (útil para conexións de datos lentas), dá prioridade ás conexións Wi-Fi (conectándose de xeito automático ás nosas redes Wi-Fi favoritas cando estean dispoñibles) e outras pequenas melloras que cada vez están presentes en máis móbiles con Windows Phone 8.
Unha actualización mellora substancialmente o funcionamento dos móbiles Nokia Lumia 920 e 820
Compartir Este Artigo
