As cousas do Nadal ensaríllanse cada vez máis coas redes. Mesmo os seus sorteos. Sen ir máis lonxe, este 22 de decembro unha das administracións de Lotería de máis renome a nivel estatal, La Bruixa d´Or, váisenos meter no móbil para cantar os décimos premiados. Sempre que queiramos escoitalos, claro. Isto vai ser posible grazas a unha aplicación que, ademais do devandito, serve para mercar e gardar tódolos décimos de Lotería de Nadal no noso trebello. Trátase dunha ferramenta de balde, dispoñible en App Store e achegando tres opcións diferentes para mercar décimos: elixindo a terminación, considerando os números bonitos ou ao chou.
Ademais de mercar lotería, esta aplicación permite tamén administrar os décimos adquiridos tanto a través do móbil como en calquera outro lugar (para introducir un décimo de papel comprado nunha administración, o usuario só ten que escanear o código de barras ou engadir o número de xeito manual).
Como dixemos, a aplicación avisará de maneira instantánea, durante a celebración do Sorteo de Nadal, se algún dos décimos foi premiado. Segundo engaden dende a Bruixa, “é a primeira vez que isto acontece: asistir en directo a este famoso sorteo a través dun teléfono móbil”.
La Bruixa d´Or avisaranos no móbil dos décimos de Lotería que saian premiados
Compartir Este Artigo
