Tuenti recibiu o pasado mércores o premio Abertos ao GalegoO programa Banda Ancha da Radio Galega, galardoado recentemente cun Premio INNOVA-G, continúa co seu labor de difusión da tecnoloxía en Galicia, polo que este sábado a partires das 15:00 horas realizará un repaso da actualidade da semana grazas á colaboración de Código Cero, aproveitando a ocasión para conversar con Javier Moreno, responsable de tradución e soporte en galego de Tuenti, quen esta semana recolleu, acompañado por Cristóbal Fernández, director de comunicación de Tuenti, o premio Abertos ao Galego da man da Mesa pola Normalización Lingüística, que busca así recoñecer o compromiso coa nosa lingua da plataforma social máis popular entre a nosa mocidade. Neste espazo radiofónico convidouse á presentadora de televisión e escritora María Solar, que actualmente conduce o programa ZigZag Diarioda TVG2, a compartir coa audiencia os seus primeiros contactos coa informática e a Internet, así como o uso que actualmente fai da tecnoloxía. Completa o programa esta semana Pablo Insua, de Hardgame2.com, facendo un repaso dos mellores videoxogos de 2012, tal e como están a recoller estes días no seu espazo en liña.