A situación económica e os cambios nos hábitos de consumo de información están a ter un forte impacto nos medios impresos, o que nos últimos meses notouse especialmente na prensa especializada en videoxogos (que está a perder o apoio dos novos xogadores e das grandes compañías do sector) e agora vemos que tamén azouta duramente a publicacións fortemente consolidadas no sector tecnolóxico en xeral o que podemos visibilizar en España co ERE de IDG, que afectou ao 50% do seu cadro de persoal, e que supón o peche de cabeceiras impresas como MacWorld España, iPhoneWorld e TechStyle, sendo aínda máis destacable o feito de que tamén dirá adeus PC World, revista nacida en 1992 e que como mostra do seu éxito pódese destacar que chegou a bater un record no seu sector ao chegar a publicar exemplares con 596 páxinas (moitas menos das que teñen os últimos números desta revista).

Outras revistas que din adeus
Nos últimos días tamén soubemos dun par de publicacións que deixan de editarse nos EE.UU. (e con grande proxección internacional) como son a revista musical SPIN (que nos fixera moitos esforzos para adaptarse aos novos medios) e Newsweek, que tras 80 anos di adeus cunha portada cunha fotografía en branco e negro sobre as que aparece o hashtag bicolor color #lastprintissue (#derradeironumeroimpreso), aínda que nestes casos parece que as cabeceiras van manterse vivas en liña, aínda que posiblemente con moita menos repercusión.
