Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As asociacións de consumidores guían aos defraudados coas redes sociais nas súas reclamacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As asociacións de consumidores guían aos defraudados coas redes sociais nas súas reclamacións

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/12/2012
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cartel_noclam_fin_web.jpgAs redes sociais medran na súa influencia, cousa por outra banda natural, que por algo son redes e son sociais. Con todo, hai servizos que se che poñen coller o brazo enteiro, en troques dunha man, cóllencho sen dúbida. Se a isto engadimos que tamén hai internautas coa garda baixa, pois basicamente xa temos unha enleada. Plataformas como ASGECO (Asociación Xeral de Consumidores) e a Confederación de Consumidores e Usuarios (CECU) reciben cada vez máis reclamacións sobre malas prácticas no devandito ámbito 2.0. Con este e outros motivos, puxeron en marcha a terceira edición da campaña Non clames, reclama, destinada potenciar as reclamacións entre os consumidores e usuarios. Para o caso que nos ocupa, entre os internautas á par que usuarios 2.0.
De feito, nesta nova entrega da campaña faise fincapé en dous sectores que as asociacións cualifican de problemáticos de abondo: os seguros (que representaron máis de 75.500 reclamacións en 2012 en España) e as redes sociais (máis de 9 de cada 10 internautas españois teñen un perfil persoal nunha ou varias redes sociais). A estratexia de información inclúe dous novos anuncios informativos e máis a difusión de 20.000 guías nas redes sociais, complementándose o seu alcance cunha aplicación para smartphones, con sistema Android ou iOS, que presenta as repostas a 100 das preguntas máis comúns sobre os dereitos dos consumidores.
Dentro da promoción da campaña a través de internet, o portal www.noclamesreclama.org fornece aos usuarios de consellos en 10 sectores, ao tempo que fican activas de xeito permanente as páxinas en Facebook, Tuenti e YouTube, así como a conta en Twitter. Segundo informan as asociacións responsables destas iniciativas, a edición de 2011 tivo “un importante éxito, con máis de 62.200 visitas á web do proxecto e case 230.000 páxinas vistas, máis de 800 consultas respondidas a través de correo electrónico, acumulando máis de 1.000 seguidores fieis en Twitter, Facebook e Tuenti, e preto de 42 millóns de impactos efectivos en telespectadores para a campaña en televisión durante o mes de xullo 2011”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?