Dende a pasada fin de semana algúns usuarios da Xbox 360 tiveron problemas o servizo de gardado de partidas na nube de Xbox LIVE, e tras corrixir o problema, reaccionan como é costume dende o servizo de xogos de Microsoft: compensando aos afectados de xeito automático. Os usuarios de Xbox LIVE que estes días tivesen problemas de gardado, sen importar a súa duración (que nuns casos foi dun par de días e noutros de poucas horas) recibirán de xeito automático unha ampliación dun mes na súa subscrición de pagamento a Xbox LIVE Gold.
Dende Microsoft aseguran estar a tomar medidas para que este tipo de incidencia non se repita.
Os usuarios que tiveran problemas coa nube de Xbox LIVE recibirán un mes de servizo de balde
Compartir Este Artigo
