
Lembrar que estas xeiras noctámbulas de confraternización e intercambio de coñecemento teñen a súa orixe en Mugardos, tal e como nos recordan dende Mancomún. A nova entrega desenvolverase no local de Ada Formación en Narón, emprazado na rúa Santa Tecla.
O obxectivo da xuntanza é coñecido, pero non por iso menos importante: subliñar a mensaxe de que a programación aberta, e por extensión o coñecemento aberto, é clave para o desenvolvemento dunha sociedade máis xusta e mellor informada e comunicada, máis libre das ataduras e dos intereses da gran industria, que raras veces coinciden cos intereses comúns da poboación. Asemade, diríxense a desbotar a falsa crenza de que software libre equivale a produtos de balde que non xeran riqueza: nada máis lonxe da realidade. De feito, é unha oportunidade inmellorable para os emprendedores galegos. Os organizadores xa están a animar a tódalas persoas interesadas no desenvolvemento web e no software libre, sexa calquera o nivel de coñecementos que teñan, a participar nesta actividade de carácter gratuíto, sendo soamente preciso realizar unha inscrición previa por motivos organizativos.
Como en anteriores edicións os obxectivos concretos da actividade son:
- Crear un espazo dinámico de referencia de innovación, dinamización e intercambio de coñecemento arredor da Comunidade de usuario Drupal e GNU/Linux
- Fomentar o uso de tecnoloxías libres a abertas no desenvolvemento web.
- Crear un colectivo ou “comunidade” itinerante de intercambio de coñecementos libres, ensinando e sobre todo aprendendo.
O programa da noite Drupal
- 11:00 – 13:30 : Achégate a coñecer o mundo Drupal e GNU/Linux. Parte da comunidade galega de Drupal estará presente para guiarte nos teus primeiros pasos!
- 16:00 – 20:00 (Pendentes aínda de confirmación)
- Relatorio “Ecosistema Drupal” -> @apermuy
- Charla “Display suitel” -> jcartelle
- Despois dos relatorios será o momento de falar , programar , compartir , desexar , construír , hackear , aprender , optimizar , ensinar , etc , … todo con Drupal como protagonista.
