Nos últimos anos a tecnoloxía Corning Gorilla Glass está a axudar a que as pantallas dos nosos dispositivos móbiles non se deterioren co uso habitual e con leves agresións que poden vir provocadas polo seu mero transporte nos nosos petos (onde poden estar tamén chaves, moedas…), e durante a vindeira edición do CES de Las Vegas imos poder ver a nova xeración deste tipo de pantallas resistentes, as Corning Gorilla Glass 3, que non só dotará de resistencia ás pantallas táctiles de teléfonos móbiles, senón que tamén poderá verse aplicada ás pantallas de tablets, pensando especialmente no seu uso en contornos educativos.
Non será a única tecnoloxía que Corning que veremos no CES, pois a compañía tamén presentará cables ópticos de fabricación propia, pois a fibra óptica tamén é un dos campos nos que a empresa está especializada, de xeito que non só centra a súa actividade na resistencia dos produtos, senón tamén na mellora da súa conectividade.
Corning amosará as pantallas Gorilla Glass 3 no CES
Compartir Este Artigo
