O servizo de correo electrónico de BlackBerry experimentou hoxe importantes incidencias en Europa, Oriente Próximo e África, pero desta volta a caída non estaría provocada polos servidores de RIM como en outras ocasións, senón que correspondería a un erro de enrutamento de Vodafone, operador que resultou ser o único con usuarios afectados, e que asegurou ter arranxado o problema e estar a monitorizar a situación con detalle para evitar novas incidencias á vez que pide perdón aos seus usuarios polos fallos no servizo de e-mail.
As caídas do servizo de BlackBerry tiveron unha repercusión moi negativa para o prestixio de RIM, especialmente en 2011, cando a plataforma deixou de funcionar durante varios días seguidos, provocando a perda de confianza nunha infraestrutura considerada segura e que xogaba un papel fundamental nas comunicacións corporativas. Co lanzamento do iPhone 5 tamén produciuse unha nova incidencia da que RIM era responsable, pero agora que vemos que outros axentes tamén poden provocar caídas no servizo as dúbidas sobre o mesmo son aínda maiores, pois chegan nun momento crítico, xa que nos vindeiros días RIM presentará a plataforma BlackBerry 10 que espera ser a táboa de salvación da compañía que non para de perder clientes a un ritmo imparable.
Os clientes de Vodafone tiveron problemas co correo electrónico de BlackBerry en Europa
Compartir Este Artigo
