A Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) de Galicia e Movistar presentaron hoxe en Santiago de Compostela o percorrido e as características da segunda fase do Roadshow Movistar Galicia, un aula móbil que visitará durante os vindeiros 4 meses 82 municipios galegos co obxectivo de trasladar as vantaxes de Internet á poboación do rural beneficiada polo Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia.
Continúa así a segunda fase dunha iniciativa que na súa primeira edición alcanzou un notable éxito (con máis de 2.400 visitas no seu percorrido por 34 poboacións) e que agora achega novidades como a posibilidade de que persoal técnico se desprace ás asociacións colexios ou colectivos interesados en informarse sobre as utilidades da Internet.

A directora da AMTEGA sinalou que esta iniciativa ten o dobre obxectivo de achegar aos cidadáns as posibilidades que lles ofrece a Internet na súa vida cotiá e informalos de que, grazas ao Plan de Banda Larga, a súa localidade xa ten acceso á rede. Neste sentido destacou que o Plan xa dotou de cobertura a máis de 630.000 galegos sen acceso a Internet e cuxo obxectivo para 2013 é conseguir unha Galicia totalmente conectada.
A unidade móbil do Roadshow Movistar Galicia conta con 4 postos con ordenador nos que de forma gratuíta se levarán a cabo diferentes demostracións para que os usuarios experimenten de forma práctica o sinxelo que resulta realizar unha compra online, solicitar unha cita médica, renovar o DNI ou consultar todo tipo de información. A aprendizaxe estará supervisada en todo momento por persoal especializado de Telefónica.
Paralelamente, desenvolveranse accións formativas e informativas a pé de rúa, a través de equipos de traballo provistos dunha tablet e conectados á Rede mediante un USB, que explicarán aos veciños de cada localidade as vantaxes de Internet para a vida cotiá.
O Roadshow Movistar retoma a súa andaina por Galicia
Compartir Este Artigo
