A III Xornada de Presentación de Resultados do Proxecto NACCE celebrouse hoxe no Salón de Actos da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense, nun evento formado por diversas mesas de emprendemento e mentoring que foron precedidas pola presentación de catro ideas de futuro que xermolaron neste marco que busca fomentar o despegue das TIC en Galicia e no Norte de Portugal e conta co financiamento do programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal e fondos FEDER.

As ideas de negocio nacidas do Proxecto NACCE que se presentaron hoxe foron: – Wiimbo, unha proposta de creación dunha aplicación móbil, completada con servizos como redes sociais, que permita aos usuarios consultar a música que se escoita en cada local de lecer, para poder elixir os máis afíns, podendo tamén participar na elección da música no local onde se estea. – VouAxenda, unha ferramenta de difusión cultural que dá servizo a Ourense e que funciona de xeito colaborativo. – Anubía, unha empresa de consultoría especializada na implantación de OpenERP. – 104 Cubes, empresa que desenvolve ferramentas que permite converter os deseños dos clientes en aplicacións informáticas.
NACCE amosou os seus froitos en Ourense
Compartir Este Artigo
