A tarde deste venres, queirámolo ou non, escoitaremos falar de novas tecnoloxías galegas. Cómpre lembrar que temos en Santiago unha festa dupla: a do novo evento LaconNetwork e máis o acto de entrega dos Premios EGANET, ámbolos dous actos complementándose e enriquecéndose, un detrás do outro, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Tal e como vimos sinalando dende esta web ao longo dos días pasados, estamos ante o que probabelmente sexa un dos encontros do sector máis salientables de todo ano. A cousa non é para menos: tódolos profesionais TIC da nosa terra (do sector privado, o eido público e o ámbito da I+D), están convocados, e todo indica que será ben alta a participación. Para ir entrando de cheo en materia, EGANET deu a coñecer xa aos finalistas desta edición do certame, a 2012, na que a asociación quere recoñecer os esforzos despregados polo noso sector.
Amais dos finalistas de cada categoría, EGANET tamén informou que haberá un Premio Especial para Víctor Gulías como homenaxe póstuma ao que foi profesor titular da Universidade da Coruña e director do CITIC. A continuación, incluímos a listaxe de aspirantes finais.
· Categoría: Aplicación Software
- Skeltrack, de Igalia
- eVidens, de Ilux Visual Technologies
- OnTouch DS, de OnTouch Nova Tecnoloxía Publicitaria
- SetPay, de Sarela Innova
· Categoría: Negocio Online
- Proxecto de negocio online de Perfumes TIN TIN, de Ava Solucións Tecnolóxicas
- Construdata21 Internacional: información de obras en todo o mundo a un só clic, de Construdata21
- Solución integral de ecomerce para Eat Galicia, S. Coop. Galega, a factoría dos teus libros, de Tesla Technologies e Software
- Tenda e probador de gafas. Óptica Diagonal, de Visual Publinet
· Categoría: Comunicación Dixital
- Stabri, o boneco viaxeiro 2.0, de Ángel Téllez ANGEL TÉLLEZ GONZÁLEZ
- Campaña de promoción de Pandeireta Pro, de Galinus
- Difusión científica en tempo real para redes sociais: a Torre dos Mouros, de Grupo de Novos Medios da USC
- ARTEC primavera2012, de Nasas Social e Media
· Categoría: Emprendedor TIC
- Geodoing
- Petrilla Tech
- Trinquel Internet (Siguetuliga.com)
- Wiimbo Productions
· Categoría: Proxecto Colaborativo Empresarial TIC
- Probeta, de A Navalla Suíza – Cen Litros Medro Cadrado – Ekinocio
- Aplicación móbil “Eleccións Galicia”, de Bahía Software – El Correo Gallego
- LIFE + AtlanticVineyards, da Deputación de Pontevedra
- Bits for Meetings, de Private Multimedia Ibérica e Ipoki Technologies
