
Este encontro serviu para que os responsables do IGAPE expuxesen o amplo marco de apoios e servizos que este organismo pon a disposición das empresas que buscan implantarse en mercados exteriores. Tras afianzarse nos mercados galego e nacional, a empresa busca expandirse en áreas como América latina ou a zona do Golfo Pérsico. Emetel ten previsto contar co apoio do IGAPE para mellorar a súa competitividade e, na actualidade, está acollida aos servizos avanzados que o Instituto facilita a través do programa reAcciona.
Segundo Manuel Lago Vecino, director xeral de Emetel, “tras afianzarnos no mercado galego e nacional, esta internacionalización é un proceso orgánico e natural para continuar cos plans de desenvolvemento de Emetel. Nos últimos anos desenvolvemos plataformas tecnolóxicas innovadoras propias como Emetel Insight e en breve iniciaremos a súa adaptación a diferentes idiomas e a outras rexións para empezar a súa comercialización”.
A galega Emetel prepara o seu espallamento a América latina e a zona do Golfo Pérsico
Compartir Este Artigo
