Área Central, centro comercial pioneiro en Santiago de Compostela (construíuse en 1993), vén de facer reconto do acadado en 2012 en materia de actividade da súa web. En total, sinalan os seus responsables, recibiu 62.692 visitas, o que supón un incremente de case catro mil accesos con respecto ao ano anterior, no que se contabilizaron 58.835. Os meses nos que se rexistrou meirande suba foron, como é costume nun centro comercial ou en calquera establecemento dedicado á venda de artigos de toda índole, os meses de novembro e decembro, con 28.561 e 25.397 páxinas vistas, respectivamente.
Por seccións, as máis que atoparon meirande seguimento entre a comunidade en liña foron o directorio telefónico dos preto de 150 establecementos que configuran Área Central, o apartado de apertura de festivos e máis os planos dos andaren que artellan o centro comercial.
Polo que respecta ao seu perfil en Facebook, dicir que xa conta con 3.000 seareiros.
A web de Área Central recibiu máis de 60.000 visitas en 2012
Compartir Este Artigo
