Audi vén de introducir unha nova achega tecnolóxica nos seus vehículos, falamos da Audi Asistencia, unha aplicación gratuíta para móbiles intelixentes que permite conectar de contado e de xeito sinxelo co Servizo Oficial máis próximo ou co Servizo de Asistencia Audi Class, no caso de accidente ou avaría. Con esta aplicación, a marca dos catro aros quere subliñar a súa preocupación pola atención personalizada e facela compatible cos móbiles intelixentes ou smartphones.
Asemade, con esta achega o cliente poderá gozar dende o móbil das prestacións do Servizo de Mobilidade Audi Class, ou das coberturas do Servizo de Reparación de Carrozaría de Audi. No caso de accidente ou avaría, a dita aplicación permitirá ao usuario xeolocalizar a súa posición nun mapa respecto dos Servizos Oficiais Audi máis achegados para pedir axuda, e chamar ao centro seleccionado ou ao Servizo de Asistencia Audi Class (cun tempo máximo de espera de 30 minutos). O usuario poderá ver nun mapa todos os talleres da rede Audi que hai nos arredores, coa distancia exacta á que se atopan e todos os detalles de contacto. Amais disto, poderanse seleccionar talleres de preferencia, ou acceder á información detallada de todas as coberturas dos servizos de mobilidade e asistencia de Audi. Dicir que esta ferramenta atópase dispoñible as 24 horas durante os 365 días do ano e con cobertura en toda Europa. Engadir que os clientes de Audi Class e os seus acompañantes gozarán doutras coberturas como: servizo de traslado, aloxamento en hotel de 4 estrelas e xestión dos trámites relativos á reparación do vehículo.
A Audi Asistencia pódese descargar de balde nas tendas online de Apple e Android, así como na páxina web www.audi.es sendo válida para dispositivos iPhone con sistema operativo IOS 5.0 ou superior, Blackberry 7.0 e Android 2.3.
Audi lanza unha aplicación gratuíta de asistencia en estrada para smartphones
Compartir Este Artigo
