O Consello de Turismo de Galicia reuniuse hoxe en sesión extraordinaria presidida pola secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro, quen adiantou que “a semana que vén constituirase a Axencia de Turismo de Galicia coa realización da sesión constitutiva do Consello Reitor” e informou favorablemente sobre o Plan Sectorial de implantación e desenvolvemento de infraestruturas da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, empresa pública dependente de AMTEGA, que está a desenvolver un papel chave no Plan de Banda Larga.
Retegal conta actualmente con máis de 200 centros de telecomunicacións e construirá 99 máis en 2013 para facilitar o espallamento da banda larga pola nosa comunidade, e dentro do seu Plan Sectorial ten como obxectivo ordenar axeitadamente as infraestruturas existentes, formular a evolución previsible a medio e longo prazo e estimar as necesidades das mesmas. O plan permitirá o aproveitamento da infraestrutura pública actual e a redución de custos do despregamento da banda larga mediante a reutilización de emprazamentos polos distintos operadores privados que achega o servizo aos cidadáns nas zonas máis illadas orograficamente.
Turismo valora positivamente o traballo de Retegal no espallamento da banda larga
Compartir Este Artigo
