
En opinión do conselleiro delegado da compañía, Antonio Agrasar, “a internacionalización da empresa supón, ao abrir mercados para os nosos servizos e produtos, unha garantía de mantemento e incremento tanto do número coma da calidade dos postos de traballo que creamos en Galicia e no resto de España”.
A compañía tecnolóxica realizou o ano pasado as primeiras vendas en Panamá e xa se encontra en negociacións para pechar outros acordos en países como Colombia, Perú, Brasil e Uruguai, ademais doutras iniciativas en países europeos como son Portugal, Italia e Francia. Dentro do desafío internacional da compañía, tamén se encontra a prospección de mercados en Marrocos.
Plexus abre unha delegación en Londres
Compartir Este Artigo
