
A xornada, a nivel temático, xirará arredor da modernización tecnolóxica nas áreas de Administracións Públicas, Xustiza, Sanidade e Educación, as cales estarán representadas por altos cargos autonómicos da Xunta e do Goberno central, así como por representantes do tecido tecnolóxico-dixital galego. “Estas áreas”, sinala Dintel, “son estratéxicas para situar á Comunidade como un referente en innovación e eficiencia permitindo que os proxectos que se executen poidan ter unha continuidade con independencia de se acontecen cambios políticos ou non”.
O congreso celebrarase no Hotel Monumento San Francisco. Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), será a encargada de inaugurar a xeira de actividades. A clausura (ás 13.15 horas) virá da man de Víctor Calvo-Sotelo, secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información. Presidirá o evento o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.
A continuación damos conta do programa:
08:30 – 09:00 Acreditación
09:00 – 09:15 Inauguración da Xornada, presidida por:
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Jesús Rivero Lagoa
Presidente executivo
Fundación Dintel
09:15 – 10:15 Primeira Sesión Técnica: Administracións Públicas
Preside e Intervén:
Relatorios Tecnolóxicos de Empresas
Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Xunta de Galicia
CISCO
UNISYS
10:15 – 11:15 Segunda Sesión Técnica: Xustiza
Preside e Intervén:
Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Xunta de Galicia
Relatorios Tecnolóxicos de Empresas
11:15 – 12:00 Pausa Café para networking entre os asistentes
12:00 – 13:30 Terceira Sesión Técnica: Innovación no Sector Público (Sanidade e Educación)
Intervencións AA.PP:
Relatorios Tecnolóxicos de Empresas
Manuel Antonio Varela Rei
Director da Axencia Galega de Innovación
Consellería de Economía e Industria
Xunta de Galicia
Nieves Domínguez González
Xerente do SERGAS
Consellería de Sanidade
Xunta de Galicia
Lourdes Batán Aira
Xerente
Universidade de Santiago
Francisco Alcalde
Healthcare competence center leader en España
IBM
Smart Healthcare na xestión de pacientes complexos
T-SYSTEMS
13:30 -13:45 Clausura Oficial do Congreso, presidida por
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Xunta de Galicia
13:45 – 15:00 Cóctel para metworking, reservada a relatores, Administración Pública e empresas
patrocinadoras da xornada.
Santiago acolle o 6 de marzo unha xornada para avaliar os retos da eAdministración para as empresas
Compartir Este Artigo
