O Consello da Xunta de Galicia desta mañá abordou un informe da Consellería de Sanidade que recolle a situación actual da convocatoria aberta de propostas de solucións innovadoras que promove o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) como primeiro paso para instrumentalizar o proceso de compra pública innovadora no marco dos proxectos Hospital 2050 e Innova Saúde, iniciativas co financiadas mediante fondos FEDER, a través do Ministerio de Economía e Competitividade, por un importe de 90 millóns de euros.
Esta iniciativas do SERGAS perseguen mellorar a calidade de vida dos cidadáns no fogar mediante a implantación de dispositivos intelixentes que soporten a comunicación dos profesionais sanitarios cos pacientes e cos seus coidadores, o que resulta de grande utilidade para o coidado de enfermos crónicos e para a hospitalización a domicilio.
O informe presentado avanza no desenvolvemento das plataformas tecnolóxicas que permiten a diagnose por imaxe multicentro e a diagnose asistida por ordenador. Afonda no uso da teleasistencia, fomentando as redes de especialistas localizables a través de dispositivos e tamén aborda o deseño de habitacións intelixentes nos centros hospitalarios, obxectivos para facer posible unha sanidade dixital.
A través desta iniciativa licitaranse 18 contratos cun importe total de 18,4 millóns de euros a través dos que desenvolverase distinto software e solucións que permitan xestionar a actividade asistencial nas estruturas sanitarias integradas, planificar as actividades profesionais no ámbito sanitario, concentrar os sinais procedentes de múltiples sensores clínicos, dixitalizar a información clínica, contar cun sistema de alertas, desenvolver a plataforma loxística que facilite o fogar dixital asistencial e outras solucións que tras a súa publicación do Diario Oficial de Galicia recibiron un total de 270 propostas de solucións innovadoras presentadas principalmente por empresas procedentes da nosa comunidade autónoma.
A sanidade pública galega destinará 18,4 millóns de euros para a súa modernización tecnolóxica
Compartir Este Artigo
