O Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra e CAI Sistemas Informáticos asinaban o 4 de marzo un pacto de colaboración con vantaxosas condicións de contratación para todos os produtos e servizos de software achegados por CAI, unha factoría de software propio que desenvolve aplicacións de xestión empresarial, especializada en ofrecer solucións integrais a asesorías, xestorías e despachos profesionais en materia de facturación, contabilidade, laboral, fiscalidade, documentación, etc.
Ao dito acordo poderán acollerse os graduados sociais colexiados de Pontevedra, complementándose a oferta destes produtos informáticos coa prestación de varios servizos como: instalación de versión de proba sen compromiso, axuda integral para a posta en marcha, estudo do pase de datos desde calquera programa informático, servizo de atención ao cliente e asistencia técnica, asesoramento e consultoría informática (LOPD), servizo de mantemento informático, organización de eventos sectoriais e formación a usuarios.
Engadir que os colexiados que queiran aproveitarse deste convenio de colaboración e coñecer máis polo miúdo as condicións de contratación do mesmo terán que contactar con CAI Sistemas Informáticos ou ben informarse no Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra.
CAI Sistemas achega os seus produtos ao Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra
Compartir Este Artigo
