
Volvendo a Zarpamos, sinalar que o factor diferencial máis importante desta nova aceleradora TIC é que todos os que forman parte de Zarpamos son emprendedores, de aí que se deseñase un programa de aceleración e acubillo empresarial respondendo ás necesidades reais que ten que afrontar nos seus comezos calquera emprendedor. Os proxectos elixidos abranguen áreas moi diferentes, como comercio electrónico, agricultura, saúde, negocios, téxtil/moda, pero sempre co denominador común de pertencer ao ámbito tecnolóxico como solucións web ou aplicacións móbiles.
Deixando clara a esencia de Zarpamos, a pasada semana (o 22 de marzo) anunciábase que o reitor da Universidade da Coruña -Xosé Luís Armesto- viña de asinar un acordo co representante da empresa Zarpamos -Manuel García- do cal se beneficiarán os alumnos da Facultade de Informática, que grazas a este convenio poderán ver realizados os seus proxectos de fin de carreira.
Así, Zarpamos avaliará cada ano os traballos finais dos alumnos da Facultade de Informática e elixirá aqueles con máis proxección co gallo de axudarlles a crear unha empresa, pois a firma coruñesa ten acordos con socios e inversores de dentro e fóra de España.
Engadir que esta colaboración permitirá que os alumnos dos últimos cursos do Grao en Enxeñaría Informática poidan facer prácticas nas empresas coas que colabora Zarpamos. Este convenio -resumiu o reitor- “permitirá fortalecer as relacións entre a Universidade da Coruña e Zarpamos para colaborar en proxectos de formación e emprendemento”.
Zarpamos apoia as ideas máis emprendedoras dos alumnos da Facultade de Informática
Compartir Este Artigo
