Organizado polo centro de Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar, o vindeiro día 29 de abril, de 16:30 a 20:00 horas, desenvolverase no dito centro un seminario técnico sobre axustes de rendemento Red Hat. Durante a xornada, informan fontes do CNTG, trataranse os conceptos xerais e os fundamentos da metodoloxía Red Hat performance tuning, as ferramentas de medición e comprobación de optimizacións, tuning de CPU, de memoria, de rede, de almacenamento etc …
O relator do seminario será Fernando Ruiz-Tapiador, colaborador habitual do CNTG como formador en administración avanzada de sistemas Red Hat Linux que está en posesión de nove certificacións Red Hat entre as que se inclúen as de RHCE (Red Hat Enterprise Linux Certified Engineer), RHCI (Red Hat Enterprise Certified Instructor), RHCX (Red Hat Linux Certified Examiner) e a RHCA, a de maior nivel de entre todas as acreditacións Red Hat, como arquitecto certificado. A xornada, informa o centro compostelán, vai dirixida sobre todo a administradores/as e técnicos/as de sistemas e, en xeral, profesionais con coñecementos previos do sistema operativo Linux con interese en coñecer as metodoloxías de axuste de rendemento nun contorno Red Hat Linux. O acceso, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 28 de abril.
O CNTG acolle en abril un seminario sobre axustes de rendemento con Red Hat
Compartir Este Artigo
