
Segundo informa a UDC, na Facultade de Ciencias da Comunicación, José Juan Videla Fernández revalida o seu cargo como decano, ao igual que Manuel Recuero Astray na Facultade de Humanidades e Documentación. Pola súa parte, Manuel Ángel Graña López tamén continuará como director da Escola Universitaria Politécnica. Na Facultade de Ciencias do Traballo, na que se presentaron o actual decano Moisés Alberto García Núñez e Manuela del Pilar Santos Pita, saíu elixido García Núñez por maioría absoluta.
Na Facultade de Filoloxía, María Jesús Lorenzo Modia sucederá no cargo de decana a Teresa López, logo de saír elixida por maioría absoluta.
Na votación na Facultade de Dereito, que terá lugar pola tarde a partir das 16:00 horas, a xunta de facultade elixirá entre José Manuel Busto Lago e Juan Ferreiro Galguera para substituír no posto a Eloy Gayán Rodríguez.
O profesor Luis Hervella, novo decano da FIC
Compartir Este Artigo
