Os estudantes de Enxeñaría Informática e os titulados en Enxeñería Técnica Informática terán a oportunidade de asistir -os vindeiros 10 e 11 de maio- a un curso sobre Peritaxes e Informática Forense, que se levará a cabo no Gran Hotel (Avenida do Mestre Mateo, 27) de Santiago de Compostela en horario de tarde o venres 10 de maio (16:30 a 21:00 h) e en horario de mañá o sábado 11 (9:00 a 14:00 h). O dito curso está organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e está financiado pola Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia.
Cómpre dicir que os estudantes contarán cun desconto na matrícula do 60% mentres que os colexiados, precolexiados e compromisos de colexiación do CPETIG terán a matrícula gratis (esta descontaráselle da cota de colexiación no segundo semestre do ano). O curso terá unha duración de nove horas e media e inclúe dous módulos en cadansúa xornada, engadir que forma parte da programación da Aula de Formación e Capacitación Profesional do CPETIG. Na primeira xornada, da man do bufete especializado Pintos&Salgado, abranguerase a cuestión da normativa procesal pericial e da propia normativa relacionada coas pericias tecnolóxicas. Na segunda xornada, os poñentes serán Andrés Villamarín, José Luís Rivas e Juan Luís Míguens. Os temas a tratar serán: as obrigas fiscais e mercantís que supón o desenvolvemento da profesión de perito informático, a metodoloxía da análise forense e da elaboración dos informes periciais e unha presentación do COP e do seu funcionamento. Informar que existen 50 prazas (adxudicándose por orde de inscrición) sendo o prezo da matrícula é de 200 € (importe sen os descontos sinalados).
Para máis información sobre este curso é preciso visitar a web do CPETIG.
O CPETIG organizará o vindeiro mes en Santiago un novo curso sobre informática forense
Compartir Este Artigo
