O Centro de Excelencia de Vigo organiza este martes 23 de abril, a partir das 10 horas, unha xornada sobre a importancia de achegar creatividade ás nosas iniciativas empresariais para acadar a máxima competitividade e presenza nos diferentes mercados. O evento Innovación dende o interior: Pensamento Creativo celébrase nas instalacións centrais do Consorcio da Zona Franca de Vigo e está incluído no Programa de Actividades en Aberto do devandito Centro de Excelencia. A súa finalidade será, como dixemos, analizar de xeito conxunto o papel que xoga a creatividade, a capacidade de adiantarnos a todo o inventando e desenvolvido, no camiño de crecemento empresarial.
Asemade, xa nun plano máis concreto, a xornada servirá para presentar ferramentas innovadoras que permitan sistematizar o devandito pulo creativo e incorporalo aos procesos das compañías para incrementar o seu índice de competitividade. Na actividade participarán representantes de compañías especializadas no desenvolvemento do pensamento creativo como Valores, Dream Dedice Do, AENOR, Nanogap, Castrosúa e a Asociación da Creatividade Galega. A asistencia é de balde e está aberta a profesionais, empresas, agrupacións empresariais ou institucións galegas que desexen potenciar a súa cultura innovadora. Os interesados deben enviar o formulario que atoparán na páxina web do Centro de Excelencia de Vigo.
Programa da xornada
09:30h. Rexistro de asistentes
10:00h. Apertura da xornada
Ángeles López. Responsable da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación. Universidade de Vigo.
10:15h. Pílulas para aumentar a creatividade
Sandra Prieto. Contadora e Escoitadora. Valores.
10:40h. A creatividade como actividade empresarial
Josep Ballesté. Socio fundador. Dream Decide Do.
11:05h. A sistematización da creatividade no proceso de innovación empresarial
José Enrique Rodríguez. Xefe do Servizo Comercial. Delegación de AENOR en Galicia
11:30h. Pausa Café
12:00h. Experiencias en Innovación: Converter retos en oportunidades
Creatividade e átomos: o valor do invisible
Daniel Fernández. Responsable de Innovación. Nanogap.
O tempus, a nosa proposta de mobilidade sustentable.
Carlos Roca. Director de I+D. Castrosúa
A creatividade no sector publicitario
Jesús Pérez. Asociación da Creatividade Galega
13:00h. Panel de discusión entre os relatores e o público convidado
13:30h. Peche da xornada
Ángeles López. Responsable da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación. Universidade de Vigo.
Centro de Excelencia de Vigo
O Centro de Excelencia de Vigo é un centro de alto rendemento en creatividade aplicada á innovación, que se dedica ao desenvolvemento das capacidades innovadoras das empresas e organizacións empresariais, facilitándolles a posta en marcha de proxectos innovadores, contribuíndo a dinamizar a súa actividade empresarial e a mellorar os seus procesos de xestión. Trátase da primeira factoría de innovación de Galicia e está promovido pola Escola de Organización Industrial (EOI), o Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) e a Universidade de Vigo (UVIGO), e co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.
