
Animou tamén ás administracións a apostar polas liñas estratéxicas nas que son fortes, polo vieiro da especialización intelixente, en liña coas medidas europeas e tratando en todo intre de evitar a dispersión de fondos. Centrándose na actividade de Coremain, destacou os máis de 20 anos de traxectoria empresarial da compañía e “o elevado nivel de coñecemento que posúe do sector sanitario, para o que desenvolveron máis de 300 grandes proxectos”. Con esta iniciativa, informa Coremain, o Executivo veciño, ademais de promover a capacidade investigadora e innovadora da sanidade pública como motor de crecemento e desenvolvemento económico, pretendeu crear vínculos de colaboración entre as empresas e a propia administración. O acto foi presentado polo conselleiro de Sanidade do Goberno de Asturias, Faustino Branco e contou tamén coa asistencia do director xeral de Innovación Sanitaria, Enrique González, ademais de representantes doutras entidades relacionadas coa innovación, as novas tecnoloxías e a investigación.
Coremain amosou a súa experiencia en e-saúde no congreso asturiano sobre o sector
Compartir Este Artigo
