
Ademais destas condicións de contratación para todos os colexiados, por medio deste convenio CAI Sistemas Informáticos comprométese a participar na organización de xornadas, seminarios, cursos, ou calquera outro evento organizado polos mencionados colexios, achegando persoal técnico e/ou material de promoción. A maiores, informa CAI, achegaranse sen custe algún para os membros das ditas entidades profesionais versións reducidas das aplicacións que a empresa desenvolve para o fornecemento de cursos aos colexiados. A empresa tamén se compromete a impartir actividades formativas sobre aplicacións, con promocións especiais.
Lembrar que CAI Sistemas Informáticos é unha factoría de software de seu que desenvolve aplicacións de xestión empresarial, especializada en ofrecer solucións integrais a asesorías, xestorías e despachos profesionais en materia de facturación, contabilidade, laboral, fiscalidade e documentación, entre outras áreas. Os colexiados que desexen tirar proveito deste convenio de colaboración e coñecer máis en detalle as súas condicións de contratación, poden pórse en contacto directamente con CAI Sistemas Informáticos, ou ben informarse nos Ilustres Colexios Oficiais de Titulados Mercantís e Empresariais de Vigo e Pontevedra.
CAI Sistemas achega os seus desenvolvementos aos colexiados mercantís e empresariais de Vigo e Pontevedra
Compartir Este Artigo
