Pere Marquès, especialista de renome no emprego das novas tecnoloxías no ensino, visitará A Coruña este venres para presentar os beneficios do uso dos novos dispositivos no eido formativo e o currículo bimodal. Deste xeito, Marquès será o encargado de abrir (a partir das 17.30 horas) o seminario As tablets na educación, unha iniciativa do Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes – ASPRONAGA, en colaboración coa Fundación Novacaixagalicia (sede da actividade).
O coordinador de TIC deste centro, Feliciano Couto, exporá pola súa banda os recursos para os devanditos aparellos nos ámbitos da educación primaria e atención á diversidade. Logo, darase paso á quenda de preguntas das máis de duascentas persoas que xa confirmaron a súa asistencia ao seminario de entrada libre.
Pere Marqués
Baixo a máxima “o futuro aínda non existe, pero podemos influír nel”, Pere Marquès defínese como un especialista en tecnoloxía educativa para a mellora do ensino. Doutor en Ciencias da Educación, actualmente é o director do Grupo DIM (Didáctica, Innovación, Multimedia) e colabora en másteres da Universidade Autónoma de Barcelona, (UAB), Universidade Autónoma de Madrid (UAM), Salamanca e Huelva. A maiores dunha longa carreira de corenta anos como mestre/director en Primaria; e de ser catedrático/coordinador TIC en FP; profesor titular na UAB e asociado en Universitat Oberta de Catalunya (UOC) e na URL.
Pere Marquès fala este venres na Coruña das posibilidades das tablets no eido educativo
Compartir Este Artigo
