Este ano AMTEGA destinará 64.000 euros ao servizo de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas que ofrece de xeito presencial no Rexistro Xeral da Xunta, nas delegacións territoriais do resto de cidades galegas e a través do portal corporativo da Administración, segundo recolle un convenio que asinaron recentemente coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).
Esta iniciativa principiada en 2011 permite que as persoas xordas poidan acceder á mesma información que a facilitada a través do teléfono 012, para o que faise uso do sistema BILDTEC desenvolvido pola galega Scio Soft en colaboración coa FAXPG. Esta solución facilita a conversa a tres, de xeito que a persoa xorda, o intérprete e o funcionario estanse a ver en tempo real, á vez que facilita que o funcionario poidan amosar coa súa cámara documentos para que o intérprete poida asistir debidamente á persoa con eivas auditivas.
Ademais, as persoas xordas poden empregar a videointerpretación a través da web da Xunta. Neste caso o usuario precisa dun ordenador con webcam co que contactará co servizo de videointerpretación indicando a persoa, entidade ou servizo co que desexa facer a súa consulta. Utilizando unha liña paralela, o videointérprete contactará co destinatario e lle indicará que se vai a establecer a comunicación. A partir dese momento o videointérprete actuará de ponte entre a lingua de signos e a lingua oral, permitindo así a comunicación entre a persoa xorda e a persoa oínte.
A Administración galega continuará a empregar a videointerpretación para facilitar a súa comunicación coas persoas xordas
Compartir Este Artigo
