Telefónica España e Tuenti Móbil, a operadora móbil de Tuenti, anunciaron esta semana que a partir do vindeiro 1 de xuño comezarán a distribuír a SIM de prepago do Operador Móbil Virtual en 800 tendas Movistar. A intención desta operadora é reforzar a súa oferta prepago nos establecementos achegando unha proposta, a da división de telecomunicacións da dita rede social, moi dirixida a un segmento de clientes potenciais principalmente novo. Movistar ofrecerá as tarifas de Tuenti Móbil de 1 XB de datos e chamadas a 3 céntimos (6 euros) e o plan de 1 XB de datos e 50 minutos de voz (9 euros), ámbalas dúas en tarxetas SIM a un PVP de 12 euros onde o resto do importe fica dispoñible en forma de saldo.
Lembrar que Tuenti Móbil contará a partir do 1 de xuño con máis de 1.000 puntos de venda en Península e Baleares, aínda que desde este mércores 15 de maio, na Comunidade de Madrid, 40 tendas Movistar comezarán a comercializar os seus servizos nunha fase inicial de implantación da nova oferta. Entre as tendas Movistar que venderán a oferta prepago de Tuenti Móbil atópanse as cadeas Telyco, Teabla, Comm Center, Complutel, Mobile Phone, SJM e Phone &Fun. As tendas contarán con propaganda específica nos locais para dar a coñecer a comercialización do novo produto. Tuenti Móbil conta ademais cunha rede de puntos de recarga de 80.000 establecementos autorizados distribuídos por toda España.
Até 800 locais de Movistar achegarán a oferta prepago de Tuenti Móbil
Compartir Este Artigo
