A empresa galega de consultoría e deseño de enxeñaría dixital para as vendas, Redegal, vén de informar da súa nova achega de cara ao desenvolvemento de comercio electrónico, estamos a falar da tenda online de Naffta by Naxxai, marca de roupa deportiva feminina. Emporiso, a nova web de Nafta perfeccionou os seus contidos, a súa navegación, a visibilidade do mesmo, amais de facer máis doado o acceso de cara aos dispositivos móbiles. A renovada web posta en marcha por Redegal diríxese tamén a contribuír a unha mellora no proceso de compra, xa que a navegación polo site é moito máis sinxela e rápida.
Asemade, cómpre engadir que o servizo e as funcionalidades da tenda online ofertan agora un servizo ben completo, con información e interacción dun xeito máis atractivo mediante un deseño totalmente personalizado.
Outra das novidades da tenda na Rede de Naffta é a mellora das opcións de venda por peza e por conxunto, amais da venda cruzada. Alén disto, redeseñouse todo o proceso de compra e acceso, a conta e identificación de usuario, co fin de facer máis sinxela a navegación e procura a través da web. Tamén se puxo en funcionamento unha conexión íntegra co software de xestión e planificación de recursos empresariais, mellorando así o servizo e as funcionalidades deste espazo. En canto ás redes sociais, dicir que na páxina de Naffta habilitouse unha opción para partillar produtos e contidos.
Redegal é unha empresa de consultoría e deseño de enxeñaría dixital para as vendas, constituída no ano 2004 por profesionais de gran experiencia no sector TIC. A súa actividade xira arredor do software libre empregando as súas prestacións e utilidades de maneira libre coa finalidade de crear tendas online, webs, blogs corporativos, programas de control e xestión, etc.
Redegal dálle unha viraxe á web da marca de roupa Naffta
Compartir Este Artigo
