
Asemade, é indiferente ao número de alumnos cos que se conte, pudendo (como dixemos) medrar ou simplificarse en función do número de usuarios. A plataforma de xestión, engade Dismedia, foi concibida para achegar as máis completas medidas de protección de datos, atendendo a tódalas demandas de comunicación dos membros da comunidade educativa: dirección, titores, profesores, persoal de administración, pais e alumnos. A través deste servizo, explica, manéxase e actualízase toda a información relativa ao colexio, incluídas as actividades previstas, a axenda, as notificacións, as cualificacións, as faltas de asistencia, os horarios, as materias ou as orlas, entre outros moitos elementos.
Lembrar que Dismedia, unha pequena empresa TIC da nosa terra que abriu as súas portas no ano 2000, ten desenvolvido tecnoloxías como PSS, Pizarra Sen Sombra, un equipamento propio que ten a vantaxe de ser útil para usuarios con calquera característica de seu, abranguendo os cativos máis pequenos, persoas con problemas de mobilidade e visión, persoas maiores, etc. A principal vantaxe é que non xera sombras nin excesos de luz que impidan a visión dos elementos que se amosan. A tecnoloxía en cuestión xa foi instalada en diversos centros públicos, sobre todo de infantil, pero tamén nas sedes de Down Galicia.
Dismedia presenta unha completa plataforma de xestión e comunicación para os centros educativos
Compartir Este Artigo
