A empresa galega Edisa presentou esta semana a súa nova contorna de Libra, a plataforma tecnolóxica para a xestión e a comunicación empresarial. Falamos da versión 6.1.1., xa dispoñible e achegando unha serie importante de novidades e melloras. Por exemplo: a nivel de configuración de programa engádese unha ferramenta de aviso (check) para indicar que ao saírmos, de haber cambios pendentes de gravar, grávanse de forma automática sen preguntar ao usuario. Asemade, no menú de informes do xerador dos mesmos, permítese indicar un persoal de valores por defecto dos filtros, de forma que ao executar o parte dende o dito menú, cóbrense automaticamente os filtros de informe co persoal seleccionado.
Entre outras moitas cousas, a nova contorna tamén subministra unha mellora na xestión de imaxes, ao permitirse definir o tamaño ao que se debe reestruturar a imaxe antes de ser almacenada por Libra. De xeito adicional (se o programa está preparado) pódese almacenar tamén a imaxe orixinal. Por outra banda, no mantemento de Usuarios achégasenos a posibilidade de subirmos a imaxe que ficará asociada a nós como usuarios. Permítese tamén, por personalización, cambiar o aliñamento das etiquetas dos campos, e é posible activar a función que nos posibilita validarnos usando o enderezo de correo electrónico no canto do código de usuario. Tamén é posible indicar a nivel de configuración de empresa ou de usuario o comportamento por defecto das listaxes de valores en relación ao uso de maiúsculas / minúsculas nas procuras. Na pantalla de Login engádese un botón para poder entrar en Libra usando terminais táctiles e na xestión de alertas, esténdese o funcionamento do parseado de etiquetas ao envío de mensaxes ao menú de Libra.
Edisa xa ten dispoñible a súa versión 6.1.1. da plataforma empresarial Libra
Compartir Este Artigo
