
O programa desenvolverase no Centro de Estudos Avanzados e comezará ás 9.30 horas cunha sesión inaugural na que participarán o vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González García; a directora da Área de Crecemento e Valorización da Axencia Galega de Innovación, Pilar Morgade Saavedra; e o director da AVTE, José Luis Villaverde Acuña.
As distintas xornadas celebraranse de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas cos relatorios que impartirán o profesor da IE Business School, Enrique Dans; o profesor do IESE, Santiago Álvarez de Mon; ou o presidente e director xeral creativo da Axencia de publicidade BAP & Conde, Miguel Conde. Xunto eles tamén intervirán representantes de Nanogap, Ava Soluciones tecnológicas, Innolact ou Sigma Team Consulting, entre outros.
A importancia da mercadotecnia e as TIC para as spin-offs galego-lusas, a debate hoxe en Santiago
Compartir Este Artigo
