
E engade: “Coa implantación de Office 365, o persoal de Torsesa poderá trasladar á palma da súa man toda a información que precise, no intre en que o precise, e así acceder desde o seu móbil tanto a ficheiros de Word, como a Outlook, etc”.
Ao abeiro do acordo, os profesionais de Torsesa recibiron formación por parte de Nokia e de Vodafone España, para que desta maneira poidan tirar o máximo partido aos seus terminais. A través destas iniciativas, o 100% do persoal con plans de voz e datos para empresas de Vodafone empregará un smartphone Nokia Lumia “para poder ser máis produtivos en mobilidade”, explica o fabricante, que salienta a boa sintonía destes terminais co Office, “facendo que a mobilidade sexa un feito e achegando unha solución robusta de correo electrónico, amais de múltiples servizos que os fan realmente moi atractivos”.
Establecida en Sevilla desde 1982, Torsesa é unha empresa centrada no servizo de xestión integral de ferramentas e outros consumibles con fabricación de equipamentos personalizados e trazables, garantindo aos seus clientes a mellora dos fluxos de produción e unha forte redución dos custos operativos derivados. Salientar que entre os seus destinatarios está a compañía Airbus Military, incluíndose tódalas súas plantas.
Os Nokia Lumia e Vodafone España afíncanse no sector aeroespacial
Compartir Este Artigo
