
En palabras da empresa Iwall in Shop, a aplicación suporá “un revulsivo para o concepto de mercadotecnia e publicidade nun intre fundamental, non só pola crise económica que fai explorar novos camiños, senón polo avance de vangarda e tecnolóxico que supón”.
O obxectivo non é outro que chamar a atención do usuario, futuro comprador, e facer que recunque e que, polo tanto, manteña no tempo o seu contacto con este desenvolvemento. Asemade, búscase mellorar a experiencia de compra no punto de venda. En virtude desta aplicación, os usuarios poderán empregar a fondo os iwall espallados por toda a España, pero tamén os anuncios e etiquetas dos produtos que lles interesen, co fin de descubrir xogos, sorteos, promocións e ofertas en tempo real. “É o caso da campaña de Kinder Joy”, informa a empresa, “coa que se comezou a utilizar esta aplicación e que permite xogar e participar nun sorteo se se enfoca directamente ao seu produto, o ovo Kinder Joy”.
Para entrar neste xogo virtual, hai que descargarse a aplicación gratuíta, buscar unha imaxe en promoción, apuntar e escanear. “A partir dese momento o coche, o perfume, a sesión de fotos ou a pasarela que se anuncia cobra vida, convertendo o centro comercial nun espazo doutra dimensión onde o usuario é protagonista”, engade a compañía, que avanza que “facer shapp fronte a un iwall ou nas etiquetas dun produto suporá unha viaxe cara a novas propostas que se poderá compartir nas redes sociais, vía mail ou capturando a pantalla”.
Desenvolven unha nova aplicación para interactuar dende o móbil coas pantallas comerciais iwall
Compartir Este Artigo
