
Lorenzo destacou a importancia de “aplicar políticas adecuadas de xestión documental, que inciden directamente nos servizos de arquivo”, de aí que organizasen esta xornada para “tratar o papel dos arquiveiros e arquiveiras neste contorno de administración electrónica, os modelos de xestión de documentos e repositorios electrónicos e as novas funcións e retos dos arquivos neste proceso de modernización”.
A xornada técnica aborda o desenvolvemento do plan de modernización da Administración autonómica galega, liderado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a través do relatorio da directora da Área de Modernización das Administración Públicas da entidade, María José García Sexto. O papel da administración do Estado na administración electrónica, centrado en favorecer o intercambio de información entre as administración públicas e a cidadanía, é outro dos temas que conforman a xornada, sobre o que falará Miguel Ángel Amutio, responsable da área de planificación e explotación para o impulso da administración electrónica do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
Para interrelacionar o papel dos arquiveiros no contorno da administración electrónica a xornada técnica contará coa intervención de Raimon Nualart, responsable da xestión documental do arquivo da Axencia Catalá de Certificación (CATCert) e de iArxiu, servizo de custodia e preservación de documentos electrónicos a longo prazo. Finalmente, a xefa do servizo do Arquivo de Galicia, María del Mar García Miraz, presentará o plan de identificación e avaliación documental deste arquivo, centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia.
Unha xornada aborda o impacto da administración electrónica nos servizos de arquivo
Compartir Este Artigo
